mércores, 5 de decembro de 2018



NOVA QUENDA DE VOLUNTARIOS PARA A BIBLIOTECA



Despois do éxito de participación por parte do alumnado no curso pasado para formar parte do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", volvemos a convocarvos e animámosvos a participar. 

Os alumnos interesados formarán parte do equipo de voluntariado que atende a biblioteca en horario de tardes, encargándose dos servizos de préstamo e devolución, así como de ir revisando que se mantén a orde dos libros nos estantes.  Ademais, a vosa participación quedará reflectida nun certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, onde figurará o número de horas realizadas como voluntarios (recoñécense un mínimo de 15h e un máximo de 30h).

Aqueles que queirades ser voluntarios, debedes cubrir un modelo de adquisición do compromiso(anexo IV da convocatoria), no que especificaredes o número de horas que queres facer. Está dispoñible en conserxería dende onte e ata o día 14 de Decembro. 

Podedes consultar as bases da convocatoria aquí, ou se tedes calquera tipo de dúbida, preguntar a Sonia.  

Animádevos! Tanto para novos voluntarios como para aqueles que xa participaron e queiran repetir!

Dende a coordinación da biblioteca, aproveitamos para agradecer a participación dos voluntarios da anterior convocatoria.

 

sábado, 29 de setembro de 2018

A ESCRBBCCG contará un ano máis coas axudas do PLAMBE


O pasado curso 2017-18 a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia foi seleccionada para participar no PLAMBE de Bibliotecas Escolares. Coa axuda recibida realizáronse melloras coma a ampliación do espazo de lectura, a creación dunha zona informal de lectura, a dotación da sala de alumnos con ordenadores e escáner e unha ampla adquisición de fondos.

Este curso 2018-19 a Escola participará novamente no PLAMBE. Agardamos as vosas propostas para seguir mellorando a biblioteca!

Podedes descargar aquí o arquivo coa Resolución.

martes, 24 de abril de 2018


 A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais é beneficiaria neste curso 2017-18 do PLAMBE

Xa hai moitas melloras implantadas: un notable aumento dos fondos,  nova zona de lectura, novo aula de recursos, horario ampliado e voluntariado de alumnos.

Pero aind👇

Pero aínda podemos millorala máis. Agardamos as túas propostas!

luns, 6 de novembro de 2017

PLAMBE


 A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais é beneficiaria neste curso 2017-18 do PLAMBE. Esto supón que imos ter unha axuda para facer melloras na biblioteca e no seu servizo.

Para que estas melloras se axeiten ás necesidades dos usuarios precisamos a túa axuda: propón melloras a través do correo escrbbcc@gmail.com

mércores, 11 de xuño de 2014

Aviso de verán


Durante os meses de xuño e xullo o horario da biblioteca
non será uniforme. A biblioteca abrirá ocasionalmente,
a petición dos alumnos interesados.

Pode solicitarse a apertura no correo electrónico arizaga@edu.xunta.es,
a calquera profesor presente no piso superior
(especialmente no despacho 3.1) ou, en último caso, en conserxería.
Neste último caso os préstamos deberán anotarse (e devolverse)
en conserxería.

Rogamos asimesmo que se devolvan antes das vacacións de Agosto os libros emprestados, salvo autorización expresa.

venres, 8 de novembro de 2013

Por fin, unha biblioteca na escola de restauración

Coa apertura deste blogue, hoxe comeza oficialmente a andaina da biblioteca da Escola Superior de Conservación e restauración de Bens Culturais de Galicia.