mércores, 5 de decembro de 2018



NOVA QUENDA DE VOLUNTARIOS PARA A BIBLIOTECA



Despois do éxito de participación por parte do alumnado no curso pasado para formar parte do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", volvemos a convocarvos e animámosvos a participar. 

Os alumnos interesados formarán parte do equipo de voluntariado que atende a biblioteca en horario de tardes, encargándose dos servizos de préstamo e devolución, así como de ir revisando que se mantén a orde dos libros nos estantes.  Ademais, a vosa participación quedará reflectida nun certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, onde figurará o número de horas realizadas como voluntarios (recoñécense un mínimo de 15h e un máximo de 30h).

Aqueles que queirades ser voluntarios, debedes cubrir un modelo de adquisición do compromiso(anexo IV da convocatoria), no que especificaredes o número de horas que queres facer. Está dispoñible en conserxería dende onte e ata o día 14 de Decembro. 

Podedes consultar as bases da convocatoria aquí, ou se tedes calquera tipo de dúbida, preguntar a Sonia.  

Animádevos! Tanto para novos voluntarios como para aqueles que xa participaron e queiran repetir!

Dende a coordinación da biblioteca, aproveitamos para agradecer a participación dos voluntarios da anterior convocatoria.

 

sábado, 29 de setembro de 2018

A ESCRBBCCG contará un ano máis coas axudas do PLAMBE


O pasado curso 2017-18 a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia foi seleccionada para participar no PLAMBE de Bibliotecas Escolares. Coa axuda recibida realizáronse melloras coma a ampliación do espazo de lectura, a creación dunha zona informal de lectura, a dotación da sala de alumnos con ordenadores e escáner e unha ampla adquisición de fondos.

Este curso 2018-19 a Escola participará novamente no PLAMBE. Agardamos as vosas propostas para seguir mellorando a biblioteca!

Podedes descargar aquí o arquivo coa Resolución.

martes, 24 de abril de 2018


 A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais é beneficiaria neste curso 2017-18 do PLAMBE

Xa hai moitas melloras implantadas: un notable aumento dos fondos,  nova zona de lectura, novo aula de recursos, horario ampliado e voluntariado de alumnos.

Pero aind👇

Pero aínda podemos millorala máis. Agardamos as túas propostas!